O Colexio La Milagrosa está rexido dende 2021 pola diócese de Lugo.
As Fillas da caridade chegaron a Lugo, en número de seis, o ano 1879 para facerse cargo da BENEFICENCIA, que comprendía o Hospital, o Asilo e o Hospicio. E todo reunido nun só edificio: o que hoxe é Museo Provincial. A iniciativa partiu do entón alcalde de Lugo e presidente da Xunta de Beneficencia, o Sr. Cayón.
Historia
De acordo coas mesmas Irmás, en Xaneiro de 1880, a Xunta Municipal de Beneficencia creou unha “Escola de Párvulos” dentro do mesmo edificio, para nenos de ambos os dous sexos, de 3 a 6 anos, fillos de familias humildes, os cales permanecían no devandito centro dende as 7 da mañá ata as 8 da tarde. Para iso solicitouse a presenza de dúas irmás máis.
En 1900
É o Sr. Bispo de Lugo, Don Benito Murúa quen require ás Fillas da Caridade para que se fagan cargo dunha “Escola para nenas pobres”, no edificio pegado á Igrexa San Juan de Dios, hoxe Parroquia de San Froilán.
Con todo, os medios económicos por aquelas datas eran moi escasos e as Irmás houberon de traballar denodadamente para soster o Colexio e sosterse a si mesmas, pois as clases eran gratuítas. Só a fe e a Providencia lles axudaron a levar as súas moitas privacións con alegría e con recoñecido proveito para as súas numerosas alumnas.
En 1940
As Fillas da Caridade abriron no devandito colexio internado para novos que viñan dos pobos a estudar en Centros Oficiais da Cidade; continuaron coa súa Escola de Párvulos e Primaria, e, á súa sombra naceron así mesmo algunhas outras obras “Vicencianas”: As Damas da Caridade (hoxe Voluntarias da Caridade), a Asociación da Milagrosa, as Fillas de María (hoxe Juventudes Marianas Vicencianas).
En 1978
Coa LODE en vigor, o Ministerio de Educación autorízaas a impartir oito unidades de E.X.B. e catro unidades de preescolar; e actualmente ten tres unidades de Educación Infantil e seis de Educación Primaria mediante Concerto Xeral coa Consellería de Educación.
A escaseza, non obstante, de vocacións relixiosas condicionounas a contratar profesoras segrares para poder atender debidamente a formación integral, tanto dende a perspectiva intelectual como humana e cristiá dos numerosos alumnos do colexio, hoxe mixto.
En el año 2000
Celebramos o CENTENARIO 1900- 2000 do noso colexio, motivo polo que se publicaron numerosas recensións e publicacións en distintos medios, do tipo:
“… O Colexio de A Milagrosa segue sendo exemplo do bo facer e mellor educar. Centos de ex_alumnos e alumnas formados nas súas aulas e que camiñan polas nosas rúas, poderían certificalo…”
Actualidad
El centro de La Milagrosa, es un centro familiar y con unas instalaciones que se han ido mejorando con el paso del tiempo.
Modernización de aulas, con pantallas táctiles, tablets y chromebooks para propiciar en el alumnado la búsqueda de información autónoma pero siempre guiada.
Hay aulas temáticas tanto de música, biblioteca, donde se trabaja el plan lector, psicomotricidad (en proyecto) como un oratorio, y amplios espacios interiores dedicados a múltiples actividades.
El centro trabaja de manera globalizada en infantil y en primaria por proyectos en las áreas de las ciencias.
Utilizando el trabajo cooperativo y distintas rutinas de pensamiento, útiles para que nuestro alumnado sean seres pensantes y capaces de tomar decisiones.