A nosa proposta educativa está baseada nos proxectos nas áreas das ciencias. Desde onde ensinamos aos nosos alumnos, a saber discernir a información e que saiban extraer non só o contido das materias, senón que adquiran outro tipo de habilidades para o futuro como pode ser desenvolver a oratoria, para expoñer nas celebracións da aprendizaxe.
Proposta educativa
”Nuestra propuesta educativa está basada en los proyectos en las áreas de las ciencias
Infantil
Durante a súa etapa de infantil o alumnado desenvolverá diferentes aspectos da súa personalidade e isto é clave para o traballo que se realiza nas nosas aulas, posto que o alumnado desta etapa debe atoparse nun ambiente máis protexido no que ten que aprender a compartir, mostrar as súas opinións e experimentar en diferentes planos.
Grazas á metodoloxía por proxectos, ao traballo cooperativo, ao uso de novas tecnoloxías ás rutinas de pensamento o alumnado pode ser descubridor de novas experiencias beneficiosas para a súa formación integral.
Primaria
Tendo en conta que a educación inicial é cada vez máis determinante, é necesario establecer as condicións que permitan cambios metodolóxicos que fagan posible alcanzar os obxectivos propostos.
En disposición a isto o noso centro traballa por proxectos de maneira que podamos conseguir os obxectivos de cada etapa dunha maneira na que o alumnado sexa capaz de resolver problemas expostos, aprenda a falar en público nos diferentes momentos da súa aprendizaxe para traballar de maneira cooperativa e sexan persoas capaces de ter habilidades para o seu futuro.